Transparencia

O municipio do Barco de Valdeorras é una administración pública de base territorial con personalidade xurídica plena, en palabras da Constitución Española é unha das entidades básicas da organización territorial do Estado.

O goberno e administración do municipio correspóndelle ao alcalde e aos concelleiros.

O concelleiro que preside a corporación como alcalde é D. Alfredo Laudelino García Rodríguez e os concelleiros que actualmente integran a corporación, ademais do alcalde, son Dna. Margarida Pizcueta Barreiro, D. Aurentino Alonso Araujo, Dna. María Irene Dacal Feijóo, D. Orlando Luis Arturo Saavedra Cantillana, Dna. Diana Urdangaray Díaz, D. Miguel Neira Ojea, Dna. Cristina Domínguez Rodríguez, D. Jesús Jares Almeida, Dna. Alicia Álvarez Fernández, D. Arsenio Moldes Gómez, D. Carlos Javier Crespo Díaz, Dna Nieves Rodríguez Voces, D. Enrique Pérez Roca, D. Antonio Melo García e D. Félix García Yáñez.

Acceso á Ordenanza reguladora de transparencia, acceso á información pública, reutilización de datos e bo goberno do Concello do Barco de Valdeorras