¿Para qué serve a Carpeta Cidadán?

A Carpeta Cidadán permite ó Concello unha relación máis directa coa cidadanía a través de medios electrónicos.

As funcionalidades desta Carpeta Cidadán na actualidade son as seguintes:

En Os Meus Datos podes consultar os datos persoais e dirección de contacto principal que o Concello de O Barco dispón sobre a súa persoa

En Os Meus trámites existen dúas seccións. En As Miñas solicitudes pode consultarse a lista dos trámites que haxa cumprimentado no rexistro presencial ou a través desta Sede Electrónica. En Os Meus expedientes pode obterse un listado e estado de tramitación dos expedientes que ten abertos neste Concello.

En Os Meus Recibos e Notificacións existen dúas seccións. En Os Meus recibos obterá a lista de recibos que sobre as súas unidades fiscais haxa sido xerados por este Concello ó seu nome. En As Miñas Notificacións onde pode consultarse o listado das notificacións administrativas xeradas por este Concello.