Requisitos técnicos para o uso da sede electrónica

 

Software

A Sede Electrónica funciona baixo calquera navegador e/o sistema operativo, se ben incorpora un compoñente de autenticación e firma baseado en tecnoloxía Java e esta si que aplica unha serie de restriccións, só para aquelas funcionalidades da sede que requiran de estes procesos de autenticación do usuario ou firma dixital.

Sistemas Operativos:

Windows.

Linux.

Navegadores:

Internet Explorer a partir da versión 7 (A versión edge de windows 10 deixou de soportar java e non funciona). Para este navegador recoméndase agregar á Configuración de Vista de Compatibilidade o sitio "concellodobarco.org".

Firefox versións desde a versión 2.x (a versión de 64 bits para windows deixou de soportar java e non funciona).

Google Crome a partir da versión 8.x (A partir da versión 45 deixou de soportar Java e non funciona).

Apple Safari desde a versión 5.x.

Máquina virtual Java

Recomendase utilizar sempre a última versión de Java dispoñible. Este requisito ven imposto pola propia tecnoloxía Java, pois en caso de encontrarse con unha versión non actualizada o compoñente de firma pode xerar diversos mensaxes de advertencia ou incluso non permitir a súa execución.

Para comprobar a máquina virtual Java que ten e, no seu caso, actualizala a unha versión soportada, visite a páxina web.

www.java.com/es/download/installed.jsp

Configuración Máquina virtual JAVA

Configuración dos niveis de seguridade mediante o Panel de Control de Java

A partir de Java 7 Update 51, os usuarios poderán configurar as aplicacións que van a executar e que normalmente serían bloqueadas polas comprobacións de seguridade.

Para poder realizar os trámites online có Concello de O Barco de Valdeorras siga os seguintes pasos:

1. No Panel de Control de Java, faga clic no separador Seguridade.

2. Seleccione o nivel de seguridade Alta.

3. Pulse en Editar lista de sitios e escriba a seguinte dirección: https://sede.concellodobarco.org

4.- Acepte os cambios.