Aviso Legal

Este é un lugar web que o Concello de O Barco de Valdeorras (en diante O CONCELLO) pon a disposición dos cidadáns e cidadás de O Barco de Valdeorras e de todos os usuarios e usuarias da rede Internet. O CONCELLO a través do seu portal web, facilita servizos e información a todos estes usuarios e usuarias e proxecta e da a coñecer así a cidade do Barco de Valdeorras e a súa actividade.

O CONCELLO desenvolverá os esforzos necesarios para evitar erros e, no seu, caso reparalos ou actualizalos canto antes, non podendo garantir a súa inexistencia nin que o contido da información atópese permanentemente actualizado.

A información administrativa facilitada a través deste web non substitúe a publicidade e textos legais que deban publicarse formalmente no BOE, DOG, BOP e noutros diarios oficiais, cuxa edición impresa é o único instrumento que dá fe da súa autenticidade e contido.

O CONCELLO poderá efectuar, en calquera momento e sen necesidade de previo aviso, modificacións, ampliación de contidos, aplicativos, actualizacións sobre a información contida no seu portal, etc. ou na súa configuración ou presentación.

O CONCELLO non é responsable do contido, exactitude e actualización da información que provén doutras persoas físicas ou xurídicas e que conste no lugar web ou á que se remita a partir de ligazóns ou outros sistemas.

Todos os dereitos están reservados. Non está permitida a modificación da web nin dos seus contidos.

O acceso o portal, así como o uso que poida facerse da información que contén, son de exclusiva responsabilidade do usuario. O CONCELLO non se responsabilizará de ningunha consecuencia, dano ou prexuízo que puidese derivarse deste acceso ou uso de información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse o estrito exercicio das súas competencias.

No portal poderanse incluír enlaces a páxinas de sitios web de terceiros, a maior parte a páxinas doutras Administracións públicas, que se consideren de interese para o usuario. Non entanto, O CONCELLO non asume ningunha responsabilidade derivada da conexión ou contidos de enlaces de terceiros aos que se fai referencia no portal.

Todos os datos proporcionados polos usuarios e usuarias non se destinarán a outras finalidades que as expresadas en cada caso, nin tampouco se facilitarán a terceiras partes, de acordo cos principios de protección de datos de carácter persoal que establece a Lei Orgánica de Protección de Datos de Carácter Persoal (Lei 15/1999, do 13 de decembro).

Este lugar web e todos os seus contidos, incluíndo os textos, imaxes, son, bases de datos e calquera outro material, son propiedade do CONCELLO dalgún instituto, empresa ou organismo vinculado ao mesmo Concello.

O interese do CONCELLO é que este lugar web funcione coa máxima eficacia e cumpra a finalidade para a que foi creado e por iso manteno, poñendo todos os medios razoables para conseguilo, pero non se responsabiliza de posibles malfuncións e/ou anomalías no seu funcionamento.

O CONCELLO poderá modificar os termos e condicións que aparecen nesta páxina web e, por tanto, aconsellámoslle que os consulte cunha periodicidade razoable por si se producen cambios nos mesmos. Todas as modificacións que se introducen entran en vixencia no mesmo momento da súa publicación neste lugar web.

O uso deste lugar web implica a aceptación dos termos e condicións contidos nesta páxina web.

Para calquera aclaración, información suxestion, queixa, etc.. poden utilizar o buzón de suxerenias desde aquí.