¿Que é a Sede?

A sede electrónica é un portal web con un nivel superior de garantías e seguridade nos contidos e trámites electrónicos que vostede pode realizar co Concello de O Barco de Valdeorras.

A sede electrónica do Concello de O Barco de Valdeorras está dispoñible a través da dirección electrónica: https://sede.concellodobarco.org como punto de acceso electrónico xeral da cidadanía ao concello.

Creación.-

No pleno do Concello do Barco de Valdeorras de data 03/11/2012, publicado no BOP de data 31/12/2012 foi creada a Sede Elcetrónica.

Usuarios.-

A Sede ofrece aos cidadáns en sentido amplo (persoas físicas, empresas, entidades, etc.) que queiran interactuar por Internet con esta Administración.

¿Qué ofrece?.-

Acceso á información xeral sobre trámites e servizos electrónicos, permitindo a descarga de documentos e solicitudes, e iniciar trámites electrónicos co rexistro electrónico, coas mesmas garantías que nun rexistro presencial.

Garantías.-

Os contidos relativos a trámites e servizos, así como os da ventanilla do cidadán son íntegros, veraces e están permanentemente actualizados.

Confianza.-

Disponse dun certificado recoñecido de sede que garantiza un acceso seguro.

Atención ao usuario.-

Para solicitar información sobre os trámites e servizos electrónicos, axuda na cumprimentación de formularios e asistencia técnica ante incidencias na utilización das aplicacións informáticas deste portal, os usuarios poden:

  1. Chamar ao teléfono: 988 32 02 02. O horario é de lúns a venres de 9:00 a 14:00 h.
  2. Enviar un correo á dirección: informacion @ concellodobarco.org
  3. Tamén poderá, en cada contido do portal, solicitar información específica sobre esa materia, cumprimentando no apartado Contactar o formulario correspondente, que será dirixido de forma automática á Unidade Administrativa competente en dita materia.

Requisitos mínimos.-

A sede electrónica do Concello de O Barco de Valdeorras está optimizada para o uso dos navegadores Internet Explorer 7 ou superior, Firefox e Chrome.

Algúns dos servizos ofrecidos a través da sede electrónica requiren dispoñer dun certificado dixital válido dalgún dos organismos emisores admitidos:

  • Certificado emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT).
  • DNI electrónico

Se usa un certificado da Fábrica Nacional de Moeda e Timbre (FNMT), pode consultar as instruccións para configurar o navegador de internet có certificado de dita autoridade de certificación pulsando en este enlace.

Para a utilización do DNI electrónico é necesario a instalación de software e de hardware asociado, do que pode atopar información nas seguintes direccións dependentes do Ministerio de Interior:

Para un correcto uso destes certificados no entorno Windows recoméndase a instalación dunha nova versión da máquina virtual Java 1.6 ou superior.

Para una correcta visualización dalgúns formatos de documentos e copias electrónicas recoméndase a instalación do cliente Adobe Acrobat Reader 9 ou superior. Os documentos que axunte para realizar un trámite deberán estar en formatos estándares de uso común e deberán ter un tamaño de ficheiro inferior a 5 Mbytes.