Normativa reguladora da sede

Esta sede electrónica está regulada pola normativa que se detalla a continuación:

Normativa local

Normativa autonómica

Normativa estatal

  • Lei 11/2007, de 22 de xuño, de Acceso Electrónico dos Cidadáns aos Servizos Públicos (BOE núm. 150, do 23 de xuño de 2007).
  • Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réximen Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (BOE núm. 285, do 27 de novembro de 1992).

Condiciones de uso

Có acceso e utilización da sede electrónica entenderase que a persoa usuaria acepta de forma expresa, plena e sen reservas, o contido de todas e cada unha das condicións de uso na versión publicada na sede electrónica no momento do acceso. Se a persoa usuaria non estivese da cordo co contido das condicións de uso da sede, absterase de acceder aos seus contidos e a facer uso dos seus servizos.

Acceso á sede electrónica

A sede electrónica é, en xeral, de libre acceso. No obstante, por razóns de seguridade e privacidade, o acceso a algunhas áreas e servizos da sede electrónica poden estar suxeitos a condicións específicas de autenticación que quedan establecidos na información de detalle correspondente a cada servizo en particular.

Na sección Acerca da sede especifícanse os sistemas de autenticación que se poden utilizar para relacionarse de forma autenticada có Concello de O Barco de Valdeorras polos medios electrónicos.

Uso correcto da sede electrónica

A persoa usuaria comprométese a utilizar a sede electrónica e calquera dos servizos accesibles a través da mesma sen incorrer en actividades que poidan ser consideradas ilícitas ou ilegais, ou que poidan atentar contra as presentes condicións de uso, a lexislación vixente e os usos xeralmente aceptados. O acceso á sede electrónica, así como o uso que poida facerse da información que conten, son da exclusiva responsabilidade da persoa usuaria.

O Concello de O Barco de Valdeorras non se responsabilizará de ningunha consecuencia, dano ou perxuizo que puideran derivarse deste acceso o uso de información, con excepción de todas aquelas actuacións que resulten da aplicación das disposicións legais ás que deba someterse no estricto exercicio das súas competencias.