Identificación da Sede

A sede electrónica identifica ao Concello do Barco de Valdeorras cando se relacione por medios electrónicos cos cidadáns e cidadás e con outras Administracións Públicas. A través desta sede realizaranse as actuacións, procedementos e servizos que requiran a identificación do Concello do Barco de Valdeorras nas súas relacións coas persoas físicas e xurídicas, e con outras Administracins Públicas por medios electrónicos, así como aqueles outros servizos electrónicos respecto dos que se decida a súa inclusión na sede por razóns de eficacia, eficiencia e calidade na prestación dos servizos públicos.

A súa titularidade corresponde ó Concello do Barco de Valdeorras. Corresponde á Alcaldía a decisión sobre a incorporación de organismos, entidades ou empresas municipais á sede electrónica.

Cada organismo e servizo será responsable da integridade, veracidade e actualización da información e os servizos incorporados sen perxuizo da potestade de supervisión de todos os contidos da sede electrónica a cargo do órgano técnico que designe a Alcaldía. A responsabilidade da tecnoloxía e a integración cos sistemas de información municipais da sede electrónica, corresponderá ao servizo competente en materias de Tecnoloxías da Información.

As canles de acceso aos servizos dispoñibles na sede serán os seguintes:

  • O acceso electrónico farase directamente a través de internet e na dirección electrónica indicada.
  • O acceso a través de atención presencial efectuarase nas oficinas de atención ao público, do Concello do Barco de Valdeoras, por medio dos sistemas de atención existentes en ditas oficinas.
  • Outros que puideran habilitarse nun futuro, como a televisión interactiva denominada Televisión Dixital Terrestre (TDT).