Data e Hora Oficial do Rexistro

A data e hora oficial da Sede electrónica é un dos requirimentos básicos para o rexistro electrónico de documentos, escritos e comunicacións xa que rexirá o cómputo de prazos imputables tanto aos cidadáns como as Administracións públicas.

A data e hora oficial do rexistro electrónico desta Sede será a proporcionada polo Real Insituto e Observatorio da Armada.

Acceder á Data e Hora Oficial do Real Instituto e Observatorio da Armada.

A data e hora oficial é a seguinte:

19/10/2017
11:12:9

 

Regulación legal

  • O artigo 26.1 da Lei 11/2007, do 22 de xuño, do acceso electrónico dos cidadáns aos servizos públicos sinala: "os rexistros electrónicos rexeranse a efectos de cómputo dos prazos imputables tanto aos interesados como ás Administracións Públicas pola data e hora oficial da sede electrónica de acceso, que deberá contar coas medidas de seguridade necesarias para garantir a súa integridade e figurar visible".
  • Asimesmo, o artigo 6.2 j) do Real Decreto 1671/2009, do 6 de novembro, polo que se desenvolve parcialmente dita Lei, establece que as sedes electrónicas indicarán a data e hora oficial aos efectos previstos no artigo 26.1 da Lei 11/2007, do 22 de xuño.
  • Por último, o artigo 15.2 do Real Decreto 4/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Esquema Nacional de Interoperabilidade no ámbito da Administración electrónica sinala que a sincronización da data e a hora realizarase co Real Instituto e Observatorio da Armada, de conformidade có previsto sobre a hora legal no Real Decreto 1308/1992, do 23 de outubro. Corrección de erros do Real Decreto 4/2010, do 8 de xanerio.